Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Pontegal 2017

Pontegal 2017

Varios

depu pontevedraA Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas e en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Pontegal 2017. A través deste programa serán retribuídos os grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2017 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

Poderán solicitar a inclusión no Pontegal as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de febreiro de 2017.

Máis información:http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/01/02/2016045795