Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Xornadas Culturais. A Gaita no Mar

Xornadas Culturais. A Gaita no Mar

Varios

cartaz webComa en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros, moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita.

O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar.

O que estes mariñeiros fixeron foi moito mais, eles foron quen de levar a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,… Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.

Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

Para coñecer esta realidade máis de preto a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 03 de decembro pola tarde a Xornada: "A Gaita no Mar", que terá lugar no Club de Mar de San Amaro (A Coruña).

Contaremos cun relatorio de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, a proxección do documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas. E para o peche, un concerto cos Gaiteiros do Mar.

En breve informarémosvos dos horarios!!!