Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XVI FESTIVAL XIRONSA

XVI FESTIVAL XIRONSA

Varios

xironsaO vindeiro fin de semana, o campo de festas da Seca, en Corvillón (Cambados) encherase de música tradicional un ano máis co Festival Xironsa que celebra a súa décimo sexta edición. Como novidade importante este ano seguen mantendo os dous días de Festival, o Venres 26 co II SERAN XIRONSA, e durante toda a xornada do 27 haberá unha Feira de Artesáns.

No Serán do venres haberá baile e música da man do Grupo Volandeira e outras actuacións de grupos de música tradicional e non faltará a foliada fin de festa. O sábado na sesión vermú actuarán Os Melidaos e De corbata, e á hora da comida actuarán as pandereteiras de Xironsa e Non vale furar, e pola tarde, Peter Punk, Circo Chosco e Os Modernos.

A sesión nocturna contará coas actuacións de Dakidarría, Eichidisir, Aires dá Cotra, Xabier Díaz e As Adufeiras dá Salitre, Pepe Vaamonde Grupo, Vendavalada e os anfitrións, Xironsa. O Xantar celebrarase no campo da festa e é precisa inscrición previa. O menú nútrese de empanada, churrasco, bebida e sobremesas . Máis información a través do teléfono 645827205.