Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / Obradoiro de confección de enaguas por Bego Martínez

Obradoiro de confección de enaguas por Bego Martínez

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

obradoiro enaguas datas novasO obradoiro de enaguas que impartirá Bego Martínez os Sábados, 14 e 21 de Maio e o 4 e 11 de Xuño (10 horas), ten como obxectivo a confección da prenda paso a paso:

- Corte.

- O método para a confección de lorzas, marcaxe e cosido.

- Colocación de encaixes.

Ademais de coñecer o uso desta prenda no traxe tradicional, tendo en conta a época e a funcionalidade e as prendas ás que sustitúe, o obradoiro contará con material gráfico no que poder ollar diversas prendas de diferentes feituras e tecidos.

Días do curso sábados: 14 e 21 de maio e 4 e 11 de xuño
Horario: 10.30 a 13.30 (O curso dura un total de 12 horas)
Lugar: Asociación O Fiadeiro
Prezo socios: 65,00 euros
Prezo non socios: 70,00 euros
*Non é preciso ter moitos coñecementos de costura para asistir ao obradoiro

Máis info: http://www.blogescolaofiadeiro.blogspot.com.es/2016/02/o-obradoiro-de-enaguas-ten.html