Xornada e exposición sobre o traxe tradicional
Xoves, 12 Maio 2016 15:10
Obradoiros, seminarios, xornadas,...
Exposición O traxe do País. Poñendo en valor o noso traxe tradicional é unha mostra da colección de indumentaria popular galega que enxalza a posta en valor do traxe tradicional galego e o debate sobre as súas diversas manifestacións e usos. Será inaugurada hoxe, 12 de maio ás 20:30 horas na sala de exposicións do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña). Poñendo en valor o noso traxe tradicional, reúne 20 vestimentas da colección privada de Alberto Golpe Beceiro, especialista neste eido, e pezas da colección de Antón Méndez Gándara, permanecerá aberta ao público até o 5 de xuño de luns a domingo de 17.30 a 20.30 horas. Entrada gratuíta.
(Para ler a nova completa clic no título)
Ademais o Sábado 14 de maio, tamén no Pazo, tera lugar unha xornada monográfica que arrincará ás 10.30 horas cun percorrido audiovisual pola exposicón guiada por Alberto Golpe. Ás 11.45 haberá unha charla-coloquio titulado "I é mentira i é mentira. O traxe de hoxe", ás 13:00 horas dará comezo unha mesa redonda sobre a situación actual do noso traxe. Pola tarde a partir das 16:00 horas terán lugar os distintos obradoiros prácticos aos que podes incribirte chamando ao teléfono 981 704 300 de luns a venres de 10.00 a 14.00 h.
Organizan: AC Argazo e Concello de Carballo