O Padroado de Cultura de Narón organiza catro cursiños monográficos de cultura tradicional
Luns, 02 Maio 2016 14:32
Obradoiros, seminarios, xornadas,...
O Padroado de Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio.
Técnica de tamboril, baile tradicional agarrado, construcción de palletas e técnica de percusións de man.
O percusionista Miguel Anxo López impartirá técnica de tamboril, terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.
O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o obradoiro de baile tradicional agarrado dirixido polo mestre de Baile tradicional Gustavo Couto. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.
(Para ler a nova completa clic no título)
O cursiño de construción de palletas terá lugar os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 horas e o 17 de maio, de 10.00 a 14.00. @s participantes adquirirán coñecementos sobre os materiais necesarios para construír palletas e tamén o modo de elaboralas. O mestre será Jaime Pena, con ampla experiencia nesta temática.
As clases de técnica de percusións de man se desenvolverán os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 e o 17 maio, de 10.00 a 13.00-14.00 horas. O programa formativo destas sesións inclúe técnicas de pandeireta, pandeiro cadrado e pandeira, e abordarase tamén a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.
Os cursiños teñen as prazas limitadas. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 2 e 12 de maio –ambos incluídos- e deberá formalizarse no Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30, ou ben por transferencia bancaria, enviando un correo electrónico cos datos persoais e xustificante de ingreso ao correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
O prezo de cada un dos cursos é de 25 euros para as matrículas ordinarias e 15 euros para @s alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación de Gaiteiros Galegos.