Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / Obradoiro de construción de pandeiros

Obradoiro de construción de pandeiros

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

obradoiro pandeirosA Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza o vindeiro domingo 8 de maio, un obradoiro de construción de pandeiros que estará dirixido polo artesán e músico Xaneco Tubío.

Con esta xornada Cántigas e Frores pretende continuar coa labor que ven levando a cabo dende o ano 1948, dinamizar a vida cultural lucense, ademais de, neste caso, achegar, coñecer e experimentar o oficio d@ luthier en primeira persoa coa elaboración dun pandeiro que cada participante poderá levar á súa casa unha vez finalizada a actividade.

O evento terá lugar no Obradoiro Xaneco sito en Abeladoira. 1, San Fiz de Paz, Concello de Outeiro de Rei (Lugo).

 (Para ler a nova completa clic no título)

Prezos:
Pandeiro de 36 cm: 75€
Pandeiro de 40 cm: 85€

Mais información e inscricións no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 649 421 507.

Non esperes mais. Inscríbete!!