Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Lume na Palleira / O Recuncho da Palleta - III Memorial Henrique Otero

O Recuncho da Palleta - III Memorial Henrique Otero

Lume na Palleira

iii-memorialhenriqueoteroEste domingo o Recuncho da Palleta estará dedicado ó III Memorial  Henrique Otero, que na súa 3ª edición mostraránse ás obras para gaita solista do repertorio do mestre Otero que pasan das trinta do seu catálogo un 10% aproximadamente do total. Este memorial ten tamén outra particularidade porque aparte do festival central o sábado 23 de Abril ás 19:30 horas  no Conservatorio superior de música de Vigo ( O Castro) vaise celebrar a 1ª xuntanza de novos gaiteiros "Henrique Otero"  o venres 20 de Maio ás 20,30 horas no Conservatorio profesional ( Felipe Prósperi, Florida, Zona Balaídos).

(Para ler a nova completa clic no título)

No recuncho falarán Xaime Estévez, algúns dos participantes no mesmo e tamén Henrique Otero fillo. Concretarán todos os participantes e obras con sorpresas diversas que farán desta edición algo irrepetible e memorable na honra do mestre Otero.  O concello de Vigo inexplicablemente trasladou á asociación de gaiteiros a súa negativa a apoiar este evento, sen embargo a xenerosidade dos gaiteiros participantes, e o apoio do Conservatorio Superior e Profesional unido a importancia do memorial aseguran polo momento a súa celebración. No evento participarán alumnado destacado do Conservatorio superior e profesional de Vigo, así como agrupacións e gaiteiros que xa participaron nalgún memorial anterior : Breogán de Moaña. Xose Oliveira, MArcos Castro, Carlos Estévez, Mª Xosé López, Juan Pena, Raigames, Ramón Pazos,Luís Caruncho... haberá moitas estreas absolutas de obras inéditas ata agora.

 Non te perdas este domingo 17 de abril, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.