Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXI Xantar Gaiteiro - Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

XXI Xantar Gaiteiro - Asociación de Gaiteir@s Galeg@s

Varios

xantargaiteiro2016 webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) quere convidarte ao XXI Xantar Gaiteiro. Terá lugar en Ordes, o Domingo, 3 de Abril.

Programa do día:

11:45 horas. Homenaxe a Manuel Viqueira Vieites na Casa da Cultura de Ordes (Rúa General Mola, 25).

13:00 horas. Roteiro polos bares.

14:30 horas. Xantar Gaiteiro no Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda).

Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vos@s amig@s a pasar un xantar cheo de música, baile e moita festa!!!

 (Para ler a nova completa clic no título)

Non pode faltar ninguén!! Ademais convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos para compartir a vosa música antes e despois do xantar.

Para asistir ao XXI Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 29 de Marzo indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán.

DATA XANTAR: 3 Abril 2016 - 14.30 horas

LUGAR : Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda)

MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito

PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.           

Agardamos a túa participación!!!!!


INFORMACIÓN E RESERVAS:
M: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
T: 986 847 074 – 982 229 966