Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / II Xornadas de Baile Tradicional - A Coruña. Asociación de Gaiteiros Galegos

II Xornadas de Baile Tradicional - A Coruña. Asociación de Gaiteiros Galegos

Concertos

cartaz xbaile_peqA Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro 07 de novembro as II Xornadas de Baile Tradicional en A Coruña.

O baile tradicional galego ten un enorme valor histórico para a cultura galega, sendo unha das danzas mais ricas tanto pola súa beleza como pola combinación de movementos, por iso, dende a AGG consideramos que debe ser conservado, dignificado e transmitido. Para acadar este obxectivo é fundamental recuperar as nosas tradicións poñendo en valor o noso patrimonio e ao mesmo tempo achegar a nosa cultura a todo o país.

Por iso, organizamos un ano mais as II Xornadas de Baile Tradicional de A Coruña, considerando que é unha labor imprescindible para a nosa cultura. Pretendemos con estas xornadas amosar e ensinar algúns dos bailes mais característicos da tradición galega, como son as muiñeiras ou as xotas.

Para estas xornadas contaremos con persoeiros de excepción e de gran prestixio dentro da cultura tradicional. Estamos falando por exemplo de Mercedes Peón, que nos contará cal foi e segue sendo o papel da muller no baile tradicional. Ademais deste relatorio, contaremos con dous relatorios-obradoiro que nos amosarán a Xota no sur do país, da man de Francisco J. Feijóo “Chisco”, ou a Muiñeira vella de Bergantiños impartido por Pablo Díaz.

Contaremos tamén cunha mesa de debate, na que serán Miguel Sotelo, Sergio Cobos e Xabier Iglesias, moderados por Pablo Díaz, os encargados de poñer de manifesto as novas tendencias dentro do baile tradicional galego.

E para rematar, contaremos cun peche moi festeiro, no que cos ritmos das pandereteiras e gaiteiros da A. C. Donaire, os presentes poderán arrincarse a bailar unhas pezas.

As xornadas, que son de balde, terán lugar en horario de mañá e tarde o día 07 de Novembro no Centro Cultural Ágora en A Coruña. Reserva a túa praza!!!

Para mais información e reservas podes chamarnos aos teléfonos 986.847.074 - 982.229.966 - 661.637.696 ou envíanos un mail a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo