Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / III Xornada Feroz de Música Galega

III Xornada Feroz de Música Galega

Cursos

feroz

Acaba de ser presentada a terceira edición da Xornada Feroz de Música Galega, organizada pola agrupación pontesa Os Feroces da Galgueira, e que este ano abarcará un obradoiro de construcción de pandeiros cadrados, outro de gaita e un terceiro de baile galego. Xose Maceda, David Bellas e Ismael García será os respectivos monitores de cada un destes obradoiros.

Prema no título para ler a nova completa)

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PANDEIROS CADRADOS
Impartido por Xosé Maceda, percusionista do grupo Quempallou. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero.
Na actualidade é mestre de baile e percusión tradicional da Escola Municipal de Música do Concello da Pobra do Brollón.
O obradoiro vai dirixido a calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro, e non se precisa ningunha formación previa. O monitor é o encargado de traer o material e as ferramentas necesarias. O obxectivo deste obradoiro é coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man. Os participantes levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.

Organízanse dous grupos: un de 10:00 a 14:00 hs.; e outro de 16:00 a 20:00. Cada alumno interesado poderase anotar na quenda que mellor lle conveña.
O custe deste obradoiro será de 60 €/alumno.

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO
Impartido por Ismael García, bailador formado polo saber de Tito Iglesias, Olga Kirk e Pablo Díaz, é na actualidade mestre de baile nas agrupacións AX Regueifa, AC Aires de Sigrás e AC Trubisquiña de Vimianzo.

Na súa traxectoria ten recibido numerosos premios e recoñecementos, ós últimos deles como subcampeón do concurso Punta Tacón da TVG (2013); 1º premio no Certame de Baile Tradicional por parellas organizado por AC Queiroa de Sada (2014); e 3º premio co grupo Donaire ó que pertence no XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandina.
O obradoiro de baile de mañá irá dirixido a todos aqueles adultos que queira iniciarse no baile galego. O custe dese obradoiro será de: 15 €/alumno. Horario: 10:00 a 14:00 hs.

O obradoiro de baile de tarde irá dirixido a toda aquela bailadores cunha mínima experiencia que queiran aprender novos recursos para o baile galego. O custe de este obradoiro será de 20€/alumno. Horario: 16:00 a 20:00 hs.

OBRADOIRO DE GAITA

Impartido por David Bellas, Titulado Profesional en gaita de fol e Titulado Superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega con matricula de honra.

Na actualidade é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, director musical da escola e grupo o Son do Sor e profesor de vento madeira na Banda de Municipal de Música de Viveiro.

É membro dos grupos Projecto de Foles, Matamá Ensemble e Cuarteto “O Chupacabras”.

Unha parte moi importante da súa actividade musical está centrada na creación de material tanto didáctico como artístico para unha nova linguaxe do instrumento, sendo moitas das súas obras temario obrigado nos principais conservatorios galegos, tanto na modalidade de gaita como na de conxunto ou música de cámara.
Farase un único grupo en horario 10:00-14:00 e 16:00-20:00 hs.
Todas aquelas personas interesadas en anotarse en calquera destes obradoiros, o que queiran ter máis información ó respecto, poderán facelo enviando un correo cos seus datos de contacto a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

http://www.amigus.org