Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Nace “Na raíz”, unha aposta de Cultura centrada na música popular de calidade

Nace “Na raíz”, unha aposta de Cultura centrada na música popular de calidade

Varios

davide salvadoO Jofre acolle en outono unha novidosa proposta musical da Concellería de Cultura que pasa por darlle pulo á música popular desde a reinvención dos estilos con fidelidade aos xéneros.
“Na Raíz” será un ciclo de catro concertos do 30 de outubro ao 15 de xaneiro, con nomes tan coñecidos como Carmen París, Davide Salvado, Fetén-Fetén e Raúl Rodríguez, chegados desde Andalucía, Aragón, Castela e León e Galicia. Así o avanzou onte o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, quen insistiu en que independentemente doutros programas que seguirán funcionando, o seu departamento quería levar a cabo ciclos que ofrecesen algo máis aos espectadores de Ferrol e de fóra baixo o criterio da calidade. “E que por suposto terán continuidade”.  
“É un ciclo que, coa denominación Na Raíz, presenta un concerto ao mes que ver coa defensa do que é propio, do que ten tradición, base e fundamento e que agora está de moda chamar old music”, explicou Basterrechea, que destacou a calidade dunha oferta atemporal que vincula modernidade e tradición coa renovación da tradición musical das distintas autonomías do Estado e que foi pensada para encher o teatro ferrolán de público local pero tamén chamar atención fóra.

http://www.diariodeferrol.com