Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Programa das III Xornadas Arredor da Música Tradicional

Programa das III Xornadas Arredor da Música Tradicional

Varios

cartaz xornadas_musica - pequenoO vindeiro sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, presentacións de traballos, concertos... 

Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a fondo a nosa música tradicional e a de outros lugares. A través desta actividade, amosaremos a riqueza existente na nosa cultura e tamén noutras próximas, ademáis de poñernos ó día en canto a traballos de investigación realizados recentemente.

A Xornada terá o seguinte programa: 

09.30h – Entrega de documentación e apertura

10.00h – Relatorio

Moisés Quintas - "Pito Galego: Método Práctico"

10.50h – Quenda de preguntas

11.00h – Relatorio-Concerto

Paulo GonÇalves - "A gaita de fole, un instrumento tradicional na música erudita: alguns apontamentos sobre realidades e ficçons"

12.20h – Quenda de preguntas

12.30h – Descanso

13.00h – Relatorio

Ramón González – "Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918."

13.50h – Quenda de preguntas

14.00h – Xantar

17.00h – Presentación de Publicacións

Presentación libros aCentralFolque – A chave mestra da tradición musical e oral galega.

17.30h – Presentación de Publicación + Concerto

Presentación libro Siderio de Vilarmide + Concerto de Desiderio, Daniel Carballo e Ana García Lenza.

18.15h – Descanso

18.30h – Relatorio-Concerto

Juraj Dufek e Miroslava Dufeková - "Gaitas e instrumentos de vento tradicionais de Eslovaquia."

19.50h – Quenda de preguntas

20.00h – Peche das xornadas.

INSCRICIÓN:

A Entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986847074.

O prazo de inscrición rematará o día 2 de outubro, ou cando se complete o aforo, aplicándose en tal caso o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Esperámosvos!!