Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / SERÁN EN DONAS (GONDOMAR)

SERÁN EN DONAS (GONDOMAR)

Festivais, Foliadas, Romarías

O sábado 14 de Abril a partir das 21:00 horas, celebrarase un Gran Serán en Donas (Gondomar) que está organizado polos famosos Terribles de Donas.

O Recinto estará cuberto por unha carpa ainda que se agarda unha estupenda noite para a foliada. O serán está patrocinado pola comisión de festas de Donas e colaboran a Asociación Veciñal e Cultural de Donas, a Comunidade de Montes de Donas, Rosquillas Cristaleiro, Espectáculos Mundo Musical e o Concello de Gondomar.

¡Non vos perdades este serán porque seguro que o pasaredes moi ben!