Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / XV Foliada e Romaría do Lecer

XV Foliada e Romaría do Lecer

Festivais, Foliadas, Romarías

xacarandainaFoliada e romaría son as propostas da Asociación Cultural Xacarandina para a fin de semana do 6 ao 7 de xuño na Coruña. A iniciativa chega a súa XV edición como unha aposta por recuperar as festas de noso.
A XV Foliada e Romaría do Lecer volverá ao Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida da Coruña as festas máis tradicionais. A foliada, esa xuntanza para bailar, cantar e gozar en comunidade, terá lugar o sábado coa participación de agrupacións folclóricas de toda Galiza, xunto co Grupo de Música Tradicional Xacarandaina.

Serán dúas as foliadas, aínda que o público poida participar en ambas á marxe da súa idade. Por volta das 19:00 comezará a foliada infantil, con crianzas das agrupacións como protagonistas ademais dun obradoiro de baile e unha muiñeira colectiva como ramo. Dúas horas despois botará a andar a foliada de adultos para a que quen queira participar se pode anotar no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

(Prema no título para ler a nova completa)

Se o sábado é a xornada de foliada, o domingo toca a Romaría do lecer, un encontro como os de sempre, con baile e música tradicional nun encontro festeiro no que se quere recrear as fórmulas de lecer de toda a vida, con bochinche, pulpeira e churrasco. Desde Xacarandaina animan a participar nesta iniciativa que pretende “recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas” no que presentan como unha “homenaxe participativa ao folclore e cultura galegas” para se gabar da tradición e impedir que esmoreza.

http://www.sermosgaliza.gal/