Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo / Uxía e Narf cantan xuntos as Baladas da Galiza Imaxinaria

Uxía e Narf cantan xuntos as Baladas da Galiza Imaxinaria

Presentación do novo traballo

baladas gz imaxinarila uxia narfO dúo presenta o disco en Compostela o vindeiro 10 de xuño.

Cantaron por vez primeira xuntos nunha xira por Sudamérica na primavera de 2014. O encontro deu nunha integración dos sons eléctricos de Narf coa voz de raíz de Uxía. Logo dunha serie de concertos por todo o país, o dúo entrou no estudo Asisí no outono pasado e presenta agora o resultado desta colaboración. Baladas da Galiza Imaxinaria presenta unha mestura de temas compostos para ocasión con reinterpretacións do repertorio dos dous músicos. As once cancións do álbum combinan letras de Rosalía, Castelao, Curros ou Federico García Lorca con temas como Alalá das Mariñas. O álbum presentouse de xeito oficial cun micro recital no Mercado de Abastos de Compostela na mañá do 3 de xuño. Un concerto no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 10 de xuño servirá de presentación do álbum.

Narf e Uxía - Casa das Crechas (20-01-15)

http://culturagalega.gal