Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo / Carapaus retornan con Déixao andar...

Carapaus retornan con Déixao andar...

Presentación do novo traballo

deixao andar carapausTrece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar. Esta é a proposta do segundo disco dos Carapaus, que se presenta ao vivo o vindeiro 16 de maio na Sala Capitol ás 21:30.

O álbum, gravado entre xaneiro e febreiro deste ano no estudio A Ponte, conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho que complementan a sonoridade da gaita solista da banda compostelá nada en 2010.

Ver video presentación

http://culturagalega.gal/