Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / A AGG solicita a paralización inmediata do convénio

A AGG solicita a paralización inmediata do convénio

Deput. Pontevedra

Nos últimos tempos levamos solicitando a paralización do convénio por distintos meios, incluindo a comunicación directa e persoal.

Con data luns 2 de maio de 2005 foi apresentado no Rexistro da Deputación Provincial de Pontevedra o seguinte escrito solicitando a paralización inmediata do convenio asinado entre a Deputación e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.


Mais información

Nos últimos tempos levamos solicitando a paralización do convénio por distintos meios, incluindo a comunicación directa e persoal.

Con data luns 2 de maio de 2005 foi apresentado no Rexistro da Deputación Provincial de Pontevedra o seguinte escrito solicitando a paralización inmediata do convenio asinado entre a Deputación e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.


O abaixo asinante, Santiago Caneiro Aneiros, [...] na súa condición de Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos,

EXPÓN que:

En relación co convenio, por un importe de 90.000 euros, asinado entre a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 30, de 14 de febreiro de 2005), como punto fóra da orden do día, acta con número de páxina 21 identificado co número 9.12770,

1)Dita Asociación “Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra” non existe en ningún Rexistro de Asociacións, tanto da Comunidade Autónoma canto do Estado.
2)O CIF que aparece no convenio pertence a outra asociación: “Asociación Galega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra”.
3)Esta nova asociación “Asociación Galega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra” non ten adaptados os estatutos á normativa vixente actual tal como é preceptivo, en virtude da “Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociación” e do “Real Decreto 1497/2003”.
4)Os Estatutos, fóra de toda validez, da antedita asociación indican no seu Artigo 21 que o orzamento anual da Asociación non poderá exceder os tres millóns de pesetas (18030,4 euros). Na reunión persoal que mantivo o abaixo asinante co Deputado Provincial D. José Juan Durán Hermida fíxoselle chegar copia dos Estatutos da “Asociación Galega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra”, visada con data 19 de marzo de 2005. Axúntase, ademais, copia dos anteditos Estatutos ao presente escrito.
5)En relación coa antedita Lei Orgánica e o Real Decreto, o estar inscrito no Rexistro de Asociacións configúrase como unha carga xurídica de cuxo cumprimento depende que a asociación goce de determinadas vantaxes no tráfico xurídico, directamente relacionadas co réxime de responsabilidade patrimonial, e o acceso a determinados beneficios, pois unicamente as Asociacións inscritas poden ser declaradas de utilidade pública.


Por todo isto, SOLICITA:

A paralización de xeito inmediato do antedito convenio asinado entre a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.


En Pontevedra, a 2 de maio de 2005.




Asdo. Santiago Caneiro Aneiros
Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos







Excmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra.