Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / XVI FESTA DA AUGARDENTE DA ULLA

XVI FESTA DA AUGARDENTE DA ULLA

Festivais, Foliadas, Romarías

A festa tivo lugar o Domingo día 11 en San Mamede de Ribadulla. Todos os actos do programa concéntraronse na xornada dominical, que comezou a media mañá co encendido das potas para a elaboración da augardente.

Mentras os alambiques continuaban co seu traballo, comezou a comida oficial cun menú que incluiu pulpo á feira, tortilla, empanadas, etc. Para evitar sustos de última hora, a organización instalou unha gran carpa para protexer a todas as persoas que se achegaron ata San Mamede de Ribadulla.

Ao longo da tarde actuaron os grupos Os Senadores, Os Esfolladores de Illobre e os requinteiros A Gaita de Sarandón. Despois da música chegou a queimada con conxuro incluido. A festa rematou cun festival de música folk, que contou coa presencia dos grupos Bulla Timpánica, Lume e Quempallou.