Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS - Información de interese - Son do Fol

ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS - Información de interese - Son do Fol

Varios

sondofolportadaA Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), co gallo do seu XXV aniversario, facilita un exemplar gratuito da metodoloxía para gaita galega "Son Do Fol" ó profesorado de música dos centros escolares galegos que o soliciten, coa única condición de que a biblioteca do centro tamén solicite un exemplar.  A AGG remitiría o exemplar gratuito para o profesorado xunto co exemplar solicitado pola biblioteca.

O libro “Son do Fol”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega e a cultura tradicional publicado pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) quere estar en todos os centros de ensino de Galicia para que as nenas e nenos coñezan e se acheguen á música e a cultura tradicional galega. Este libro-CD ten aplicación tanto polo repertorio como polas actividades en primaria e secundaria.

Este traballo realizado polo Dr. Xaime Estévez Vila é froito da intensa labor que a AGG está a desenvolver a prol da cultura galega apostando sempre pola promoción da música tradicional entre os máis cativos, facendo así partícipes da nosa cultura, ás novas xeracións.

Este libro- CD ofrece ao profesorado unha ferramenta que ata agora non existía para poder traballar coas nenas e nenos e amosarlles non só o mundo da gaita, senón tamén o da nosa cultura.

O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos. Ten un repertorio moi escollido, con cancións do folclore galego e inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas e linguaxe musical. A idea pedagóxica orixinal do autor complétase cun deseño de Xoán Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.

Dr. Xaime Estévez Vila: Doctor en Ciencias da Educación pola UNED. Profesor Superior nas especialidades de Musicoloxía e Pedagoxía Musical polo Real Conservatorio de Música de Madrid e de Piano e Solfeos e Teoría da Música polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

Cómo solicitalo:

Pódese solicitar máis información ou facer o pedido dos libros escribindo un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando os datos do centro de ensino e o nome da persoa que o solicita. Posteriormente o personal da AGG poñerase en contacto cos interesados para facer o envío.

Prezo:

Son do Fol : 24,90€ (ive e gastos de envío incluidos)

Envío: (previo ingreso do importe).

Recibirán no seu centro educativo 2 exemplares do Son do Fol, un deles para o centro e outro de maneira gratuita para uso do profesor/a. * ata fin dos exemplares reservados para esta promoción.