Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Comunicado conxunto Deza Tabeiros asunto Escola de Gaitas de Pontevedra

Comunicado conxunto Deza Tabeiros asunto Escola de Gaitas de Pontevedra

Varios

Reunidos hoxe á noite representantes das asociacións culturais e de música tradicional do Deza-Tabeirós para tratar o tema da implantación da Escola
de Gaitas e percusión ó modo escocés apoiada e subencionada pola Diputación de Pontevedra para Vigo, O Salnés, O Morrazo, Pontevedra e o Deza, consideramos no caso concreto das nosas comarcas (con grande riqueza musical en bandas de música, agrupacións folclóricas, grupos de folk, conservatorios e a primeira escola folk infantil de Galicia) innecesaria a presencia dunha Banda de Gaitas marcial que faria competencia desleal e abusiva ó resto das devanditas propostas musicais por ser financiada integramente por diñeiro público desde a Diputación de Pontevedra, tanto nos instrumentos como na sua docencia.

Este mesmo diñeiro poderia ser empregado nas iniciativas que están funcionando desde hai tempo na comarca con notable éxito en moitos casos
tanto desde a parte teórica como práctica da docencia musical e na
divulgación da música patrimonial galega que veñen levando a cabo distintas
asociacións e colectivos.

Con esta nova escola que propón a Diputación de Pontevedra racha e non se
respeita o traballo feito por quenes levan anos traballando na música
tradicional desde unha provincia que historicamente é-foi referente para o
mundo da gaita en Galicia.

Polo tanto non compartimos os criterios pedagóxicos das escolas de banda
marciais nen a sua visión homoxeneizadora de desfiles, categorización,
competencia e desvirtualización do folclore en prol do folclorismo.

A música para nenos e nenas, a música para todos deberia estar ó servicio
da creación musical, da expresión e comunicación, do respeito ós referentes
históricos e da sensibilización artística e non ó servicio da xerarquización
musical, da uniformidade e da alienación.

Polo que estaremos apoiando en Pontevedra o sábado dia 23 de abril no Teatro Principal ás 11 h. da mañá a rolda de prensa provincial en contra de esta iniciativa xunto cos colectivos, escolas e asociacións do Salnés, Morrazo, Pontevedra e Vigo en defensa da dignidade musical e preparados para tomar parte nas iniciativas que inicien a partir de ese dia.

Adesións:

A Cantariña A Estrada
A Chave do Xarro A Estrada
A Matraca Perversa A Estrada
A Tropa A Estrada
A Xuntanza dos Regatos A Estrada
Asociación Cultural A Fervenza A Estrada
Asociación Cultural Coto Manguelo A Estrada
Asociación Cultural Loureiro Verde A Estrada
Asociación Cultural Mistura Tempo Libre A Estrada
Asociación Cultural Os regatos A Estrada
Asociación Cultural Tamparrantán A Estrada
Asociación Cultural Xesteira de Couso A Estrada
Banda de gaitas de Barbude A Estrada
Beatríz Martín (gaiteira) A Estrada
Clube de Fútbol Vea A Estrada
Integrantes e mestres de A.C. Abrente A Estrada
Integrantes e mestres de Tequexeteldere A Estrada
Kenkeirades A Estrada
Linho do Cuco A Estrada
Mil duros a mantido A Estrada
Obradoiro de Gaitas Joaquín Espino Martínez (Riobó). A Estrada
Os regatos de Matamulleres A Estrada
Oskeai A Estrada
Pandeiromus A Estrada
Pe de Boi A Estrada
Soalla A Estrada
Tremedeiras A Estrada
Xanela A Estrada
Xarxeira A Estrada
Asociación Cultural O Meigallo Cuntis
Quintafeira Cuntis
Dame Lume Silleda
Fortín da pomba Silleda
Os regatos de Piñeiro Silleda
Santa Ferreña Silleda
Arde o eixo Vedra