Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

Festivais, Foliadas, Romarías

Esta “XIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, encádrase dentro do marco do festival de Pardiñas, organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os días 5 e 6 de agosto.

Temos que salientar que, ao fin, as institucións galegas apoian esta iniciativa que xa fai trece anos comezamos catro artesáns, coa idea de crear en Galiza unha cita anual onde os mellores luthiers estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe, esta Mostra, é unha referencia indispensable na música tradicional na península. Non só por ser a primeira, senón porque por ela pasaron os máis prestixiosos obradoiros e luthiers.

Para realizar o Pregón contamos coa presenza de MINI e MERO, sen dúbida, dúas persoas que son unha referencia na música tradicional cantada, con moitos anos de loita e traballo as costas na defensa da normalización cultural de Galiza. A continuación terá lugar a actuación dos regueifeiros LUIS O CARUNCHO E BENITO LOBARIÑAS.O domingo teremos a actuación da murga de música tradicional galega OS CAMPANTES DA BAÑA.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois, haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Ademais este ano facemos un obradoiro de baile impartido por PILAR GONZÁLEZ e JULIÁN MOJÍN, e máis un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para os nenos e nenas, impartido por EMILIO LOIS.





Mais información.
Queremos agradecer ao Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e deporte da Xunta de Galicia, D. LUIS BARÁ TORRES o importante apoio económico que este ano presta á Asociación de Gaiteiros Galegos para a relización da mostra. Continuamos coa mesma orientación de anos anteriores, mais ampliamos a oferta de actividades e melloramos a infraestrutura da exposición.

Para realizar o Pregón contamos coa presenza de MINI e MERO, sen dúbida, dúas persoas que son unha referencia na música tradicional cantada, con moitos anos de loita e traballo as costas na defensa da normalización cultural de Galiza. A continuación terá lugar a actuación dos regueifeiros LUIS O CARUNCHO E BENITO LOBARIÑAS.O domingo teremos a actuación da murga de música tradicional galega OS CAMPANTES DA BAÑA.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois, haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Ademais este ano facemos un obradoiro de baile impartido por PILAR GONZÁLEZ e JULIÁN MOJÍN, e máis un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para os nenos e nenas, impartido por EMILIO LOIS.

Os artesáns que participarán este ano na mostra son:

AFONSO R. CASTRO – GAITAS - O ROSAL
CARLOS FANDIÑO – GAITAS - TEIXEIRO
XAIME RIVAS – ZANFONAS - VIGO
GERMAN ARIAS - LUTHERIA E ZANFONAS - SARRIA
LORENA REINALDO E LUIS MARTÍNEZ - ARPAS CELTAS - SOUTOMAIOR
XANECO TUBÍO - PERCUSIÓN GALEGA E ZANFONAS - OUTEIRO DE REI
LOIS MOURIÑO - GAITAS - COMPOSTELA
NEBRA (XOSÉ PIÑEIRO) - GAITAS E ZANFONAS - PORTO DO SON
OLI XIRALDEZ - GAITAS E REQUINTAS - COMPOSTELA
LIS LATAS – GAITAS - LUGO
VICENTE DIAZ FUENTES - PALLETAS - LUGO
MIGUEL L. AREVALO - FOLES DE COIRO - LUGO
O CHILRO - PERCUSIÓN E GAITAS - CAMBADOS
ROI E LANGARIKA - GAITAS E INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN - VIGO
PABLO CID PEITEADO - ZANFONAS - ANTAS DE ULLA
JAIME REBOLLO – ZANFONAS- MARÍN