PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL"
Xoves, 25 Outubro 2012 16:04
Onte tivo lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega a primeira das presentacións do libro “Son do Fol”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” , Ramón Marín, deseñador da obra e Olimpio Xiraldez, foron os encargados de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.