Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL”

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL”

Publicacións

sondofolportadaPRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL”, O PRIMEIRO MÉTODO INFANTIL DE INICIACIÓN Á GAITA GALEGA PUBLICADO RECENTEMENTE POLA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

Mañá mércores 24 de outubro ás 19.00 horas terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega a primeira das presentacións que se farán do libro “Son do Fol”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta este traballo froito da intensa labor que esta asociación está a desenvolver a prol da cultura galega apostando sempre pola promoción da música tradicional entre os mais cativos, facendo así partícipes da nosa cultura, ás novas xeracións.

Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” estará acompañado do deseñador da obra, Ramón Marín; eles serán os encargados de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.