Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / DATAS E LUGARES DAS PRESENTACIÓNS DO MÉTODO INFANTIL DE GAITA GALEGA "SON DO FOL"

DATAS E LUGARES DAS PRESENTACIÓNS DO MÉTODO INFANTIL DE GAITA GALEGA "SON DO FOL"

Publicacións

sondofolportadaA AGG, infórmavos das vindeiras datas da presentación da súa última publicación, "Son do Fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.

“Son do Fol” será presentado en:

Santiago de Compostela:

Mércores 24 de Outubro no Consello da Cultura Galega - Auditorio. 19.00 horas.

 Vigo:

Martes 6 de Novembro no Conservatorio Profesional de Música - Biblioteca. 20.00 horas.

Pontevedra:

Sábado 1 de Decembro no Culturgal – Salón. 12,30 horas.

 Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” será o encargado de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

O libro ofrece ao profesorado unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos.

Ten un repertorio moi escollido, con cancións do folclore galego para podelas cantar, e inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical. 

A idea pedagóxica orixinal de Xaime Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.