Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / Concertos de Os Cempés

Concertos de Os Cempés

Concertos

cempesOs Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, 
Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco.
OS CEMPÉS estarán no festival Antrospinos o Venres 27 de xullo as 22h (Campo Maneiro, Taragoña, Rianxo (A Coruña)) e o día seguinte na Feira Celta de Porto do Son
(Sábado 28 de xullo as 00h (do 29)-
Parque da Explanada Portuaria, Porto do Son (A Coruña))
O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc,
e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda 
que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.