Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / Concertos didácticos da Tradescola na Pastoriza

Concertos didácticos da Tradescola na Pastoriza

Concertos

cartel xornadas didcticas de msica tradicionalO vindeiro día 31 de Maio, a Tradescola realizará 2 concertos didácticos de música tradicional dirixidos á poboación en idade escolar na Pastoriza (Lugo). Os alumnos do CEIP O Salvador e do CEIP Bretoña, participarán nos concertos nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado polos mestres da Tradescola, Luis Correa “O Caruncho” , Xerardo Quintela e Pedro David Lamas Varela.