Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / Concerto presentación do grupo da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid

Concerto presentación do grupo da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid

Concertos

Logo de todo un curso adicados de cheo ao ensino e aprendizaxe da gaita, a percusión e a requinta, este sábado terá lugar a presentación do grupo da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid.  O concerto será no auditorio do Centro Cultural La Casa del Reloj (Madrid) o sábado 26 de maio a partir das 19.00 horas e convídannos a todos a escoitar a música galega que interpretarán os alumnos desta Escola pioneira en Madrid.

A entrada é de balde.
A dirección do Centro é Paseo da Chopera 6-10 e o auditorio onde se celebrará o concerto está situado xusto enfronte do invernadoiro da Arganzuela.