Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / VII encontros de música tradicional

VII encontros de música tradicional

Festivais, Foliadas, Romarías


Un ano máis a Asociación "Santa Ferreña dos encontros de música tradicional" organiza esta xornada en torno ao Mosteiro de Carboeiro(Silleda), onde a música tradicional é a auténtica protagonista.


A edición do 2006 terá lugar o 3 de xuño: títeres, contacontos, churrasco, xogos, licor café, acampada...e, por suposto, moita música e baile tradicional daranse cita nun entorno de gran beleza e cargado de historia.

Mais información.


Programación de actividades:

-Procesión da Santa Ferreña

-Títeres Viravolta (Lalín) con ”Vida, Crimes e Prisión de Toribio de Mañón”

-Sesión vermú a cargo dos grupos da bisbarra:
•Regato Matamulleres(Liñares-A Estrada)
•O Arco de Merza
•Gaiteiros de Saídres(Silleda)
•Xuntanza Gaiteiros do Regato (Piñeiro-Silleda)
•Bico da Balouta (Agolada)
•Oskeai (Callobre-A Estrada)
•Axóuxeres(Artois-A Estrada)
•Os Carqueixas(Lamela-Silleda)
•Pandereteiras de Zobra

-Apertura das exposicións:
-Sons do tempo-instrumentos antigos(Carlos do Viso-Redondela-, Cástor e Félix-Ourense, Oli Xiráldez-Compostela-, Xosé Luís Mouriño-Compostela-, Dubi Baamonde-Coruña-, etc…)
-Museo da marioneta- Casa do títere (Lalín)

-Feira de artesanía:
Taller A Laxe-Pizarra, madeira e cristal (Teo)
Arancaha- cerámica
Pili Silva-enxeños artísticos en fimo(Compostela)

-Xantar(haberá churrascada)

-Xogos tradicionais para cativos e maiores

-Celsiño & Palitos presentan: “Bicoca de boca en boca”

-Máis festiña con:

Xentes de Toutón, Gandaina(Pontevedra), Fontesuairas(A Coruña), A Gentalha do Pichel…e algúns festeiros de Xacarandaina, dos Crótalos, das Raigañas,Linho do Cuco, etc, etc, etc….e todos os que sempre están aí botando pezas ata ben entrada a mañá!

Acampada á beira do río Deza
Telf info: 658628239(Chus)