Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / II Xornada de Gaita e Folklore en Ortigueira

II Xornada de Gaita e Folklore en Ortigueira

Festivais, Foliadas, Romarías

A Escola de Gaitas de Ortigueira organizará, un ano máis, esta xornada musical que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de maio.

Pola mañá haberá alborada e pasarrúas. Varios grupos de música tradicional percorrerán a vila e rematarán na carpa situada na Alameda onde se celebrará unha mostra de canto e baile tradicional ao cargo de Son do Sor.

Despois do xantar popular, onde se servirán callos, empanada e viño ou refresco (7 euros), se celebrará, no Teatro da Beneficencia, o “II Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira”.

Á noitiña haberá unha cea popular e concertos a cargo de Linho do Cuco, Dúo de Arpa celta e Violín, e Tromentelos Chis Pum.