Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / XXIV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

XXIV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

Cursos





A Asociación Cultural Cántigas e Frores ven organizando, dende 1983, con carácter anual, un “Curso de Cultura Tradicional Galega”, con varias especialidades, e con inscirción aberta e gratuíta. Este curso foi o primeiro que se fixo con carácter permanente en España e vense celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa. Acadará no ano 2006 a súa XXIV edición.

A este curso asisten coma alumnos músicos e bailarines de todo o Estado e, en ocasións, de outros países.


Mais información.


PROGRAMA DO CURSO

- Prazas: 125 persoas.

- Horario: de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 20:00.

- Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N

- Especialidades: 1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais

- Matrícula: Aberta e gratuíta. Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso.

- Inscricións: As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 - E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

- Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

- Programa previsto.

DÍA 13 Xoves:

08:30 A 09:30 Entrega de documentación

09:30 a 11:00 Clase práctica 16:30 a 18:00 Clase práctica

11:30 a 13:00 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 14 Venres:

09:30 a 11:00 Clase práctica 16:30 a 18:00 Clase práctica

11:30 a 13:00 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 15 Sábado:

09:30 a 11:00 Clase práctica 16:30 a 18:00 Clase práctica

11:30 a 13:00 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica

20:00 Entrega de diplomas e clausura


- Profesorado:

Pedro David Lamas Varela (1978, Cecebre). (Técnicas de Gaita)

Finaliza o curso de Formación Musical e a súa Didáctica na Escola de Maxisterio da Universidade da Coruña en 1999 con Matrícula de Honra. Contacta coa música tradicional na Asociación Cultural ‘Garrulaxe’ de Cecebre (1987). Mestre de Gaita (1999-2001), cursa harmonía (Suso Atanes), arranxos e composición (Abe Rábade), piano (Manolo Gutiérrez) e saxofón (José Nine). Estudios de saxo con Roberto Somoza e Carlos Averhoff Jr. en ‘Escola de Músicos’ (A Coruña). Membro fundador do grupo ‘Lelia Doura’ (1995-2000), na actualidade é componente do cuarteto ‘Luvas Verdes’ e da compañía ‘Nova Galega de Danza’, coa que está a presentar a súa última producción baixo o título de ‘Engado’ (2006).



Xurxo Fernández García (Técnicas de canto e pandeireta)

Excompoñente dos grupos Xacarandaina e Trebón. Colaboracións con Pepe Vaamonde Grupo, entre outros.



Alberto Costas (Técnicas de percusión tradicional).

Escomenzou os seus estudios na aula de percusión tradicional da Asociación Cultural Deportiva Atlántida de Matamá no ano 1989 da man do mestre Francisco Estévez “Chuco”.

No ano 1990 funda o cuarteto “Millaradas”. Formou parte de Xendra, O Fiadeiro, Rumbadeira, Violia, Foula ou Doela o que segue pertencendo neste momento. Así mesmo colaborou con agrupacións de Baile Tradicional como Anduriñas de Vigo, Corisco, A Buxaina, Lembranzas Galegas, Os Trazantes de Tenorio, etc... con grupos de música tradicional como Picuiña, Ledaiña, Roxidoiro, etc... e con gaiteiros solistas como Ricardo Portela e Moxenas, con Iván Costa, Luis Correa “O Caruncho”, Telmo Costas, Abraham Fernández, Alberto Coia, etc...


Xesús Vidal (Técnicas de baile tradicional).

Membro de Pepe Vaamonde Grupo.


Luís Correa “Caruncho” (Técnicas de canto-zanfona, e improvisación).

Fundador e compoñente do grupo “Os Carunchos. Mestre de gaita e percusión. A personalidade do gaiteiro, a improvisación, os cantos cego, a regueifa, a festa ...

- Organiza: Cántigas e Frores
-Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos
---------------------------------------------------
Cántigas e Frores
Aptdo. Correos 344
28080 Lugo
Tlf.: +34-982-265211
Fax.: +34-982-265280
email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.cantigasefrores.com
---------------------------------------------------