Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Xornadas "As fontes musicais dos Ancares"

Xornadas "As fontes musicais dos Ancares"

Cursos

xornadas etnogrficasOs días 3 e 4 de decembro de 2011 a Asociación Cultural ABELLADEIRA de Ponferrada organiza dúas xornadas de cultura tradicional enmarcadas baixo o título de "As FONTES MUSICAIS DE ANCARES".
O relator invitado é o folklorista e gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ.

Programa:
Día sábado 3 de decembro de 2011:
Charla e concerto didáctico a cargo do folklorista Juanjo Férnandez. A conferencia virará sobre o folclore no val de Ancares. Tradición musical, baile e repertorio existente.

Intervirán as tocadoras de pandera Sra. Laura Osorio (San martín de Moreda),Sra. Arcides e a Sra. María(Tablado) xunto a Juanjo Fernández na segunda parte do acto.

(Prema no título para ver a nova ao completo)



Hora:11.00 horas.
Lugar: Casa da Cultura de Ponferrada.
Organiza a Federación de Asociacións de veciños e colabora A.C. Abelladeira.
Entrada libre.

Charlas-taller "As fontes musicais de Ancares"
Tradición musical e repertorio existente.

Sábado 3 pola tarde:
Instrumentación existente na tradición musical de Ancares e zona de influencia. Pandeiro, pandeira, pandeireta, etc.
Relator: Juanjo Fernández.
Lugar: antigo economato de compostilla.
Hora: de 17.00-20.00 horas.

Domingo 4 pola mañá:
Instrumentación existente na tradición musical de Ancares e zona de influencia. Gaita, pandeiro, pandeira, pandeireta, etc
Relator: Juanjo Fernández.
Lugar: antigo economato de compostilla.
Hora: de 10.30-13.30 horas.
Prezo: 10€ baixo reserva.

Máis info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , abelladeirablogspot.com