Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Festival Interceltique de Lorient

Festival Interceltique de Lorient

Festivais, Foliadas, Romarías

A medida que se achega o verán vanse coñecendo os pormenores da celebración dun dos festivais con máis sona de Europa, o “Festival Interceltique de Lorient”, que terá lugar dende o 28 de xullo ata o 6 de agosto na vila gala. Xa temos novas acerca de cal será a representación galega neste evento.

Mais información.
Grupo de Danzas "O FIADEIRO"
Banda de Gaitas "MOXENAS" (Gaitas TRADICIONAIS, por suposto)
Daniel Bellón & Diego Maceiras (gaita e acordeón)
"RUOTE"
"NA REVOLTA"
Susana Seivane
Mercedes Peón
Carlos Nuñez
Convidado especial, d'orixe galego, Manu Chao
Trofeo MacCrimmon pra solistas de Gaita:
Agustín Sánchez
Alberto Coya
Daniel Bellón
Pablo Dalama
como suplente: Daniel Lumbreras.

Tamén e moi posible a participación de "SON DE SEU" e "LEILIA" no devandito festival. Asimesmo, é probable que se conte coa presenza do stand dos artesáns Seivane e Presedo, outro stand de Turgalicia e un pabillón-bar de Galicia no que se ofrecerán productos da terra.