Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Luar na Lubre, nas festas patronais de Ribeira

Luar na Lubre, nas festas patronais de Ribeira

Festivais, Foliadas, Romarías

Onte domingo e hoxe luns celébranse as “festas pequenas” en Ribeira. Son as patronais pero non teñen a forza (nin o orzamento, todo hai que dicilo) das Festas do Verán que teñen lugar a principios de agosto, nin da Dorna (en xullo). Con todo, o día 12 de setembro é festivo local en Ribeira (Santa Uxía) e sempre trae consigo actos festivos.

Durante estes dous días haberá pasarrúas, xogos populares, maxia, xogos infantís, un concerto de DJs no Malecón, o Festival de Danza Mariñeira, actos relixiosos e a actuación do grupo folk LUAR NA LUBRE na Praza de España (Rueiro). Con esta celebración pónselle punto final ao calendario festeiro na capital do Barbanza.

Cartaz