Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / Obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez

Obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

sábado 11 de xuño ás 11h00

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego quérevos convidar ao obradoiro de Treboada que está a organizar dentro da VI Mostra de Cinema Etnográfico do Museo.
Este ano como actividade complementaria á Mostra e tendo relación con algúns dos documentais que se van pasar, Oli Xiraldez achegaranos ás TREBOADAS, ese conxunto instrumental típico da comarca do Baixo Miño, formado orixinariamente por unha gaita de barquín, un tambor e un ou dous bombos de grandes dimensións, e que ao largo do pasado século foise modificando, aumentando o número de bombos, e sustituindo a gaita de barquín pola de sopro directo.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo) Neste obradoiro, que se celebrará no sábado 11 de xuño ás 11h, achegarémonos a esta formación instrumental debullando un dos toques máis característicos do sur da provincia de Pontevedra. Ao acabar poderemos ver o documental "De porta en Porta" de  Lisi González que nos fala das bandas de bombos de Tomiño e do Norte de Portugal.
A actividade é gratuíta pero hai prazas limitadas, sendo necesario reservalas neste enderezo electrónico ou ben no teléfono 981 583 620.
Haberá bombos para o taller pero recoméndase que as persoas que o teñan, traian o seu.