Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Obradoiro de Canto e Pandeireta no Centro Galego de Madrid

Obradoiro de Canto e Pandeireta no Centro Galego de Madrid

Cursos

A Escola de Gaitas do Centro Galego de Madrid organiza un taller de canto e pandeireta para os días 29 e 30 de Xaneiro nas súas instalacións da rúa Carretas. Está dirixido a todas as persoas interesadas na percusión galega, que queiran iniciarse nela ou ben aumentar o seu nivel. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizar este curso contarán coa presenza de Davide Salvado, percusionista cunha ampla experiencia docente e musical tanto nacional como internacional. Davide ven de participar coa Banda das Crechas no Festival Celtic Connections de Glasgow.

O prezo é de 60 euros (40 euros para os socios do Centro Galego de Madrid). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. 

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es