Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Presentación do novo traballo / BellónMaceiras Quinteto presenta novo disco

BellónMaceiras Quinteto presenta novo disco

Presentación do novo traballo

BellónMaceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante.
A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical en clave de fusión: o sinal de identidade de BM5.

Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

No disco que se presenta no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, de Vigo, este domingo 23 de xaneiro, a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, vals francés…

Folkfusión: un novo xeito de entender as músicas do mundo desde Galicia, sen complexos e co virtuosismo dos seus compoñentes.

Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia
Vigo - 20h30