Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Actividades de Nadal da Asociación Cultural Xacarandaina

Actividades de Nadal da Asociación Cultural Xacarandaina

Varios

cartaz apalpadorEste nadal ven moi moi cargado de Actividades na Asociación Cultural Xacarandaina.

Actuación do G. de Pandeireteiras Chuchamel na Festa de Nadal do Centro Cívico dos Mallos o xoves 16 ás 19h.Para asistir a este festival, deberán recoller previamente as invitacións na conxerxería do mesmo centro cívico, sito na Avda. de Arteixo, 147.

O apalpador visitará a Asociación o xoves 16 ás 18 h.O "apalpador" é a figura mítica do nadal galego. Xigante e carboeiro de profesión, descende do alto dos montes e montañas no día de Nadal para comprobar se os pícaros estaban ben alimentados apalpando o seu bandullo. Logo de desexarlles que non pasaran fame durante o ano seguinte, deixáballes diversos agasallos, como un bo feixe de castañas quentes.A súa visita de seguro que ilusionará aos máis pequenos! Tamén poden acudir os seus amiguiños e amiguiñas ou parentes.

Máis info:Asociación Xuvenil Xacarandaina

Rúa historiador Vedía n3 (A Coruña)

Telf 981 277 315