Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / Concurso de Cuadrillas de Reiceiros

Concurso de Cuadrillas de Reiceiros

Concursos e Certames

II CERTAME DE XUGADAS DE REICEIROS

AO SE COMPROBAR QUE A TRADICIÓN DOS CANTARES DE REIS PERMANECE AÍNDA VIVA NA NOSA COMARCA, E COA INTENCIÓN DE CONSERVALA E DARLLE PULO E RELEVANCIA, ESTE CONCELLO DE BOIMORTO CONVOCA PARA O DÍA 7 DE XANEIRO DE 2006, ÁS 17.30 H. DO SERÁN, O II CERTAME DE CUADRILLAS OU XUGADAS DE REICEIROS BAIXO AS SEGUINTES BASES:


Mais información.
1. Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto (A Coruña, tel.: 981 516 020), antes do día 25 de decembro de 2005. Cómpre que deixen un teléfono de contacto.
2. Interpretarán un cantar de Reis, se pode ser, de xeito tradicional.
3. Estabelécense tres premios: • Un primeiro de 800 euros, • Un segundo de 600 euros • Un terceiro de 300 eurose diplomas a todos os participantes.
4. O xurado estará formado por dous musicólogos, un representante da Consellería de Cultura e Deporte, un representante do Concello de Boimorto e dous vellos cantores de Reis deste municipio. A súa decisión será inapelable.
5. Se o número de cuadrillas participantes fose maior de 15, a organización estabelecería a maneira de facer unha fase eliminatoria,cousa que se comunicaría oportunamente.
6. Así mesmo o día do Certame, ás 11 da mañá, na Casa da Cultura de Boimorto celebrarase un xeito de congreso para intercambiar, entre as cuadrillas participantes experiencias, e tomarlle así o pulso á saúde actual da tradición dos Reis. Finalizado este haberá un xantar de irmandade