Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Documental Antón Corral Mestre dos mestres

Documental Antón Corral Mestre dos mestres

Varios




O Equipo de Normalización Lingüística do Conservatorio Superior de Música de Vigo, en colaboración co dpto. de Instrumentos da música tradicional e popular, organiza a presentación e proxección do documental "Antón Corral - Mestre de mestres -. Vol. 2. O músico", realizado e producido por Xurxo Fernández e Diego Mariño.

O acto celebrarse o día 18 de Maio de 2010 ás 11:30 horas, na aula 16 do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e finalizará cun coloquio aberto no que se contará coa presenza de Antón Corral.