Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Grande éxito do seminario de percusión que a AGG realizou en Melide

Grande éxito do seminario de percusión que a AGG realizou en Melide

Cursos

Grande éxito do seminario de percusión para o canto tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide.

O Seminario de Percusión para o canto Tradicional levouse a cabo dentro da programación de actividades da Foliada de Melide, onde a Asociación de Gaiteiros Galegos estivo presente durante a fin de semana cun posto informativo e de venda de publicacións.
O 24 de Abril tivo lugar no Edificio Multiusos de Melide a I Edición do Seminario de percusión para o canto tradicional. Unha actividade a través da cal a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música.
As 11.00 horas iniciou a xornada Pablo Carpintero, que ante un numeroso público foi o encargado de ofrecer un relatorio sobre a historia e a iconografía dos instrumentos tradicionais galegos, e sobre a tradición musicada que foi transmitida polas mulleres de xeración en xeración.
A parte práctica tivo lugar ás 17:00 horas, nesta parte do Seminario os asistentes pudieron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no relatorio da mañá. A encargada de realizar esta sesión práctica foi Marita Guiadáns , que ofreceu un obradoiro de instrumentos de percusión para o canto. Da man de Marita Guiadáns os numerosos asistentes aprenderon distintos xeitos de tocar instrumentos de percusión tradicional usados como acompañamento do canto como son pandeiretas.
O obxectivo de estas xornadas é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional, e intentar acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación.