Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / XVII Xuntanza de Gaiteiros organizada por Airiños de Fene (26/09/2005)

XVII Xuntanza de Gaiteiros organizada por Airiños de Fene (26/09/2005)

Festivais, Foliadas, Romarías

O vindeiro día 01 de Outubro de 2005 a partir das 19.00 horas na praza do Concello de Fene, a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XVII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizamos tódolos anos dende o 1988.



Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitamos a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.


Mais información
Este ano a nosa homenaxe vai dedicada a Emilio Españadero. Emilio é, dende o ano 1992 , director e presentador do programa de musica tradicional e folk “Lume na Palleira” primeiro en Onda Cero e na actualidade na Radio Galega. Nos consideramos que este programa, e sobre todo a forma de facelo e desenrolalo, foi básico para o rexurdir da nosa música, e é unha porta sempre aberta a calquera grupo de música folk ou tradicional que queira dar a coñecer os seu traballo.



Outra faceta que destacamos en Emilio Españadero é a súa colaboración e participación, sempre desinteresada, en actividades organizadas por distintas entidades: presentador do festival “Festa da Carballeira” en Zas, colaborador nas actividades das “Escolas de Verá” da Nova Escola Galega, membro do xurado dos “Premios Opinión”, organizador durante varios anos dos festivais “Noites Celtas” na Coruña....

Nesta XVII Xuntanza de Gaiteiros contaremos coa participación de Uxia, Xosé Lois Romero, Iván Area, Guillermo Fernández, Xabier Díaz e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Xosé Lois Romero.

Gustaríanos contar coa túa presenza, o día 01 de Outubro as 19.00 horas na praza do Concello de Fene, para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, así como na merecida homenaxe a Emilio Españadero.