Éxito rotundo do I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia (26/09/2005)
Luns, 26 Setembro 2005 07:58
Con data 25 de setembro de 2005 tivo lugar, dentro das actividades da Romaría da Saínza e no prado afortunado da maxestosa da Carballa da Rocha oI ENCONTRO DE MÚSICOS TRADICIONAIS DA LIMIA
depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros. Coa presenza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados, que foron catalogados en publicación recente.
A participación de numerosos músicos tradicionais limiaos (gaiteiros, percusionistas, cantareiras, ...) permitiu disfrutar ao numerosísimo público asistente dunha mostra ao vivo do noso folclore.
Teñen manifestado a súa adhesión ao acto o Museo da Limia, a Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, a Vicerreitoría de Planificación do Campus de Ourense, a Difusora de Letras, Artes e Ideas e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Se queres ver algunhas fotos, preme aqui
Para mostra do ambiente que houbo neste I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia podedes ver trés fotos, onde trés auténticos mestres da gaita interpretan melodias, que son seguidas polo público do xeito mais natural: bailando.
Nesta primeira foto podemos ver ao señor Delfín de Nocedo, acompañado na caixa por Carlos do Viso.
Nesta segunda foto, o noso benquerido Paco de Escornabois interpretaba outra melodia para o baile debaixo da Carballa da Rocha.
E como non, Ernesto Araújo Pérez de Carballal (Rairiz de Veiga) quen tamén aparece na capa do díptico publicitário!