I Curso de Música Tradicional Galega en Sarria
Mércores, 03 Febreiro 2010 13:40
O 19 e 20 de marzo terá lugar o I Curso de Música Tradicional Galega e no centro Fingoi de Sarria. Estará impartido polos especialistas Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijoó "Chisco"O Obxetivo do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore.
O Curso de Música Tradicional terá tres apartados ou especialidades:
1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de tambor, bombo e pandeireta e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de canto tradicional e Obradoiros de baile.
Realizaranse aulas específicas de cada instrumento cunha finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros. De forma que poderán participar todos os alumnos que o desexen, e incluso poderá asistir xente que sin tocar ningún instrumento queira asistir só aos Obradoiros:
-Obradoiro de construcción de pallóns de cana para gaita.
-Obradoiro de Afinación de gaita: presentación do funcionamento do Punteiro Afinable, revolucionario invento na afinación gaita galega.
-Obradoiro de construcción de percusión miuda: tarrañolas, etc...
-Obradoiro de técnicas de interpretación nos intrumentos da percusión galega menos coñecidos: Pandeira, cunchas, culleres, pitos, etc...
-Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica. (En dúas sesións)
Ao remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.
INFORMACIÓN XERAL
Número de prazas:
15 por especialidade
Número de horas de formación: 16
Idade: A partir dos 12 anos
Certificacións:
Expedirase Certificado de Asistencia ao remate do curso, sempre e cando as faltas non superen o 90% da duración do mesmo.
HORARIO
Venres 19 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00
Sábado 20 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Granxa Escola de Barreiros
Estr. Sarria-Portomarín km. 54
Lg. de Ortoá, Sarria (Lugo)
Telf.: 982 533 656 · Fax: 982 533 864
Máis información: http://fingoi.com/musica/index.php?option=com_content&task=view&id=193&Itemid=1