Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / HIPÓLITO CABEZAS ROMPE AS NEGOCIACIÓNS COA AGG

HIPÓLITO CABEZAS ROMPE AS NEGOCIACIÓNS COA AGG

Deput. Pontevedra

Hipólito Cabezas Gómez, presidente da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, négase a traballar xunto coa Asociación de Gaiteiros Galegos, rompendo os acordos existentes e imposibilitando deste xeito a creación dunha escola de música tradicional na provincia de Pontevedra.

A comezos do mes de xuño de 2005 a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) tivo unha reunión con D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra. Na mesma, a Deputación de Pontevedra propón a creación dunha escola única para o cal achegaria 100.000 euros a maiores dos 90.000 xa concedidos á Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra (ABGPPP). A única condición da Deputación é a integración das dúas partes nunha única escola que impartiria distintos instrumentos, todos exclusivamente tradicionais. A concesión desta subvención dependía de que houbese un acordo entre as dúas partes: AGG e ABGPPP.

Mais información

Desde esa altura ambas asociacións tiveron distintas reunións. A todas elas a Asociación de Gaiteiros Galegos acudiu con espíritu construtivo, ofrecendo distintas alternativas e propostas claras de traballo, que foron rexeitadas pola outra banda empregando argumentos absolutamente peregrinos. O único que pretendían era alongar os prazos, non tendo nengún tipo de interese en resolver o problema e dedicar os seus esforzos ao ensino de música tradicional. Así, e sen obter constestación da ABGPPP ás múltiples propostas da AGG, distintas bandas de gaitas
con gaitas, percusións e técnicas non tradicionais, dirixidas por Hipólito Cabezas Gómez, realizaron diversas actuacións para a Deputación de Pontevedra nos meses de agosto e setembro. Os feitos falan por sí sós: a
ABGPP non ten nengún interese pola música tradicional galega.

Lamentablemente, con data 19 de setembro de 2005, tivo lugar a última reunión entre as dúas asociacións na cal Hipólito Cabezas ven coa única idea de romper o diálogo e indica que non quere chegar a ningún tipo de acordo coa Asociación de Gaiteiros Galegos. Mais ainda, na mesma reunión informa que no mes de xaneiro, unha vez rematado o presente convenio, sairá a concurso público a Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra.

A Asociación de Gaiteiros Galegos porase en contacto con todas aquelas asociacións da provincia que a respaldaron, pois ninguén debe esquecer que se presentaron na Deputación máis de 12.000 sinaturas, recollidas na provincia, por numerosos colectivos e asociacións que tamén están en contra desta Escola. Tampouco debemos esquecer a "I Romaria da Música Tradicional" onde os pontevedreses puideron ver polas súas rúas que o folclore na provincia de Pontevedra está vivo e goza de moi boa saude.

Neste intre, a AGG non pode menos que sentirse enganada e manipulada xa que sempre cumpliu coas esixencias da Deputación de Pontevedra no tocante á presentación dun proxecto serio e ao intento de negociación coa ABGPPP. O talante consensuador da AGG atopouse de frente coa negativa rotunda da ABGPPP a artellar unha escola conxunta o que fai imposible chegar ao acordo ao que o Sr. José Juan Durán condicionou a ampliación da subven ción e mesmo a continuación da escola do Sr. Cabezas.

En breve a Asociación de Gaiteiros Galegos solicitará unha entrevista con D. José Juan Durán Hermida, co obxecto de que nos manifeste se él está dacordo ou non coa postura que levou á última xuntanza a ABGPPP, e saber se ainda están enriba da mesa o seu compromiso de pór en marcha unha escola de música tradicional, compromiso ao que chegou despois de presentar a AGG un proxecto viable.

A Asociación de Gaiteiros Galegos cumpriu todos os seus compromisos, restando agora saber se a Deputación está disposta a cumprir o que ofreceu, ou pola contra só foi unha estratexia de engano por parte deles en mutuo acordo (Deputación de Pontevedra e ABGPP), pois o convenio durante todo este tempo seguiu para adiante. Cumpre lembrar que houbo compromiso da Deputación de chamar a Hipólito Cabezas para a paralización do convenio, indicando este último nas distintas reunións que esa chamada nunca se produciu. Por suposto, tamén desexamos que se nos aclare por qué Hipólito Cabezas sabia de primeira man que en xaneiro sairá a concurso público a Escola de Gaitas.

En Pontevedra, a 21 de setembro de 2005