Asociacion de Gaiteiros Galegos

Durindaina

Teléfono: 981 566 232

e-mail: camilor@arrakis.es

COMPOÑENTES:

- Luis Mouriño Couto : Gaita, clarinete e percusión

- Xoan Porto Becerra : Gaita, acordeón, percusión e voz

- Rafael Moure Outeiral : Tamboril, cunchas e voz

- Antonio Perez Mosquera : Bombo, pandeireta e voz

- Camilo Regueiro López : Gaita, requinta e percusión

Nacemos en Santiago no ano 1984, como consecuencia das inquedanzas de cinco músicos que coinciden plenamente na filosofía que debe primar, tanto no ensino, como na interpretación e difusión da música tradicional galega. Deste xeito comenzamos a andaina como grupo de gaitas, que toma como vieiro principal do noso traballo a recolleita de pezas características da comarca compostelá, e tamén partituras un pouco esquencidas, que conquerimos incluir no repertorio gracias á colaboración do grande gaiteiro Santiagues, Xoan Bello Mallou. Dende entón ata o de agora, o grupo vai experimentando diversos cambios, tanto na súa formación, como no seu estilo, sendo o mais salientable a inclusión de novos instrumentos (acordeón, clarinete, requinta) e a inclusión dun novo factor: a voz, obtendo como resultado unha mistura de seriedade musical e alegría interpretativa, que fan que Durindaina tente lembrarnos a aqueles grupos vellos de gaiteiros que animaban, coa ledicia por bandeira, as festas e romarías do noso país, naqueles tempos nos que ainda non existían as orquestas, nin os medios técnicos modernos. O repertorio do grupo está formado por unha extensa lista de pezas tradicionais e de autor, que xunto a outras compostas polo propio grupo fan que dito repertorio acolla os eidos da recolleita e da composición, coidando de seguir sempre unha liña que non se aparte do estilo que o grupo defende.