Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Folc / Xistra de Coruxo

Xistra de Coruxo

R / Ceán, 48 - 1º

Coruxo

36331 Vigo - Pontevedra

Teléfono: 606 415 346

e-mail: xistra@xistra.info

Web: http://www.xistra.info/xistra-galego.htm

Directamente vinculado á historia musical de Galicia do derradeiro século, XISTRA DE CORUXO aparece no panorama artístico en 1.988 coma unha agrupación que pretende estudiar, divulgar e actualizar as melodías que noutrora formaron parte dos divertimentos e sentimentos das xentes do Sur galego.

Na actualidade os 7 compoñentes de XISTRA DE CORUXO están moi vencellados a diferentes grupos e escolas de música, canto e baile tradicional da parte sur da provincia de Pontevedra: ó Etnográfico "A Buxaina", ó Centro Cultural de Coruxo, á A. F. "Corisco" e á A. VV. de Sárdoma en Vigo; a "Charaviscas" de Moaña; Atios - Porriño; Arantei - Salvaterra; Rebordáns - Tui; Donas - Gondomar; ... entre outros.