Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Canto Tradicional / Asociación Cultural "Saíñas"

Asociación Cultural "Saíñas"

Portocelo, 9

27870 Xove - Lugo

Teléfono: 652 838 013 / 686 072 260

e-mail: javier@megabyteweb.com

Web: http://www.sainhas.org/

A Asociación Cultural Saíñas nace no inverno do ano 1982 coa idea de fomentar o deporte e a cultura tradicional galega no concello de Xove (Lugo). No ano 1983 formase o primeiro grupo de música e baile, co que a asociación dá os seus primeiros pasos no eido do folclore tradicional galego.

No ano 1985 fúndase o Colectivo Cultural Saíñas, para ademais de actividades folcloricas, tamén organizar outro tipo de actividades como cursos de ingles, pintura, etc. ou fomentar actividades deportivas como o Xadrez, o remo ou o futbol sala.

Na actualidade, a asociación está composta por uns setenta rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 5 e os 40 anos, que acuden a clases de baile, canto, percusión e gaita, así como participan no resto de actividades que a asociación organiza anualmente.A día de hoxe, Saíñas está composta por catro grupos de baile tradicional (Saíñas, Faíscas, Ñáñaras e grupo de adultos), un grupo de cantareiras, o grupo de gaiteiros Saíñas e o cuarteto de música tradicional "Saíñas".

Ademais dos grupos mencionados, impartense clases de baile, canto, percusión e gaita para todas as idades e persoas interesadas na conservación da cultura do noso país.

Ó longo dos últimos anos, a nosa asociación ven de realizar importantes actuacións a nivel europeo e nacional, expallando desta forma a música e o baile tradicional galego, moi apreciado en países europeos como Francia, Escocia ou Alemania.