Varios / 04.07.22
Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional AGG - XXIX Mostra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2022 que se celebrará os días 6 e 7 de agosto en Pardiñas, Guitiriz , Lugo.
Os instrumentos que se sortean este ano son:
Unha gaita de buxo, e un lote de dous punteiros de fabricación aditiva (impresión 3D) (en tonalidades Do e Sol).
Serán froito, a gaita: do traballo colaborativo de "Os canallas", (Alberto Pires, Oli Xiráldez, Benito Queimaliños, Afonso Castro, Patricia González ) que de novo se volven a poñer mans a obra para crear este instrumento único para a ocasión, e o lote de dous punteiros de fabricación aditiva que é unha doazón do obradoiro de Suso Gestal.
Premiazos!!! Non pérdala túa oportunidade de conseguir un destes instrumentos!!!
Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 ou a través do mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
BASES SORTEO-RIFA XXIX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2022 (preme no título da nova)
Varios / 20.06.22
O vindeiro mercores 22 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o fin de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo. Actuarán alumn@s dos grupos de adultos da Tradescola acompañados polos seus mestres.
Esperámosvos a tod@s para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!! Entrada libre!! #tradescola #agg #findecursodatradescola #musicaebailetradicional
Varios / 17.06.22
Este domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López, e con ela lembraremos a Rosa de Moscoso, moi importante e querida transmisora falecida recentemente. Contaremos ademais, para esa sentida homenaxe, coa participación do compañeiro Rodrigo Cuevas.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 14.06.22
O vindeiro xoves 16 de Xuño a partir das 17.30 h, celebraremos o primeiro dos finais de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Fondo da Praza Maior de Lugo ( se chove será no Soto da Praza de Abastos de Lugo). Nesta actividade actuarán alumn@s dos grupos infantiles e xuveniles da Tradescola acompañados polos seus mestres.
Esperámosvos a tod@s para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!!
Varios / 10.06.22
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de Rosa Garrido Casqueiro, “Rosa de Moscoso”, figura referencial no canto tradicional galego.
Muller de grande memoria e impresionante voz, exerceu de mestra xenerosa xunto coa súa irmá máis vella, Aida, quen tamén era unha gran pandeireteira. Pola súa casa en Moscoso (Pazos de Borbén-PO), pasaron dende os anos noventa un gran número de compiladores e compiladoras da tradición oral galega.
Participa soa ou coa súa irmá Aida numerosas veces no programa Luar da TVG, e ambas son protagonistas dun dos primeiros episodios do Alalá, emitido en marzo do 2006. No 2008 estréase o documental Tempo de Recolleita de Félix Blume, no que Rosa comparte protagonismo con compiladores da tradición coma Miro Regueira ou Xurxo Fernandes, e informantes emblemáticas coma Matilde Castro e José Rama de Limiñoa, ou as pandeireteiras belgas Ialma. Son precisamente as Ialma as que convidan a Rosa e a Aida a cantar nese mesmo ano 2008 no Teatro Moliére de Bruxelas.
Moitas das Escolas de Música Tradicional do noso país ensinan a día de hoxe o repertorio legado por Rosa e por Aida de Moscoso, e grupos coma Ardentía, Davide Salvado, Caldo ou Xabier Díaz teñen empregado repertorio delas nas súas gravacións. A propia voz de Rosa aparece nun corte do proxecto Músicas para Ovay, que o músico coruñés Xosé Lois Romero fixo para este proxecto do bailador Quique Peón.
Podedes saber máis cousas de Rosa e de Aida no programa Alalá do que foron protagonistas acompañadas tamén do compilador e músico Xisco Feijoo, Alalá nº 5 "Rosa de Moscoso" - TVG - YouTube
Tamén a podedes escoitar cantar no Soundcloud de Tempo da Recolleita: Stream música de Tempo Da Recolleita | Ouça a músicas, álbuns, playlists gratuitamente online no SoundCloud
Rosa de Moscoso, un referente do canto tradicional galego, sempre con nós.
Foto: Félix Blume (do documental Tempo da Recolleita)