Actividades
Aínda estás a tempo!! Matrícula aberta na Tradescola para novos alumn@s - Curso 2020-2021
02.10.20
Ainda está a tempo!!!!
Se queres vir a tocar, cantar e bailar á TRADESCOLA, con todas as medidas de seguridade vixentes, temos aberto o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2020-2021.
Ampliamos locais, con aulas na Tradescola e aulas no Centrad (centro de artesanía e deseño de Lugo)
O prazo de matrícula estará aberto ata o 16 de outubro!!! Infórmate nos números de teléfono 982229966 e 626705708 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Esperámoste!!!
Comunicado para o alumnado da Tradescola coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus.
24.03.20
En vista de que o estado de alarma vaise prolongar mais do que inicialmente anunciaron, e mentres non remate a crise do COVID-19 e poidamos reanudar as clases na nosa sede física, a Tradescola seguirá a impartir ensino da música e do baile a distancia. Imos habilitar un espazo en drive onde os profesores irán subindo os materiais de estudo e os profesores estarán á vosa disposición o mesmo día e hora que tiñades clase.
Concertos didácticos en Cospeito e Muimenta
26.02.20
Concertos didácticos en Castro de Rei e Castro de Ribeiras do Lea
26.02.20
Entroido na Tradescola 2020
26.02.20
A Tradescola suma unha nova materia as súas ensinanzas
19.09.19
Neste curso 2019-2020 a Tradescola amplia as súas ensinanzas incorporando ao seu haber a materia "Ritmos e xéneros da música de tradición oral galega. Repertorio instrumental e cantado: Clasificación e análise" que será impartida por Carme López.
Esta materia pode servir para comprender de xeito máis profundo e amplo a música tradicional tanto para intérpretes como para calquera persoa interesada nela. O apoio bibliográfico aportaranos unha visión das publicacións máis relevantes no estudo da música de tradición oral galega, fundamentais para o estudo de calquera tema relacionado con ela. Ademais, o análise musical pode axudar a un mellor entendemento das partituras á hora da interpretación, ademais de ser un punto interesante para a preparación de probas de acceso para o corpo de mestres de música.
A materia ritmos e xéneros pretende abordar a música de tradición oral e popular galega dende unha perspectiva académica próxima á etnomusicoloxía, aportando polo tanto un marco teórico aos diferentes estudos instrumentais que se desenvolven na escola.
A materia divídese en dous grandes bloques: por unha banda a clasificación en ritmos e xéneros das melodías da tradición oral e popular galega, e por outra banda o seu análise.
En canto á clasificación, esta materia axudará a crear unha visión ampla e xeral da música de tradición oral, intentando axuntar diferentes criterios de clasificación e descrición destas músicas, atendendo á gran disparidade de pautas á hora de abordar este tipo de coñecemento. Para isto, as fontes documentais fundamentais para esta materia asentaranse nos diferentes cancioneiros que se dedican á música de tradición oral galega ademais de diferentes estudos e publicacións musicolóxicas tanto a nivel galego como estatal. Todo isto tendo como finalidade a proposta dunha tipoloxía de clasificación que se apoie nas distintas visións dos estudosos do tema pero sen esquecerse da fonte fundamental: as e os informantes que son verdadeiros protagonistas de todo isto, responsables da preservación da transmisión da tradición. Ademais, vencellarase toda a formación teórica coa escoita de audicións que exemplifiquen o estudado.
Sobre o análise debemos facer fincapé na diferenza de base do análise de músicas de tradición oral respecto da música académica. Debido á natureza diversa de ambas, fai necesario que cadansúa conten cun análise particular, centrado nas características propias de cada música. Deste xeito proponse para a materia un análise de música de tradición oral baseado nos estudos de Dorothée Shubarth e Sergio de la Ossa.
HORARIOS TRADESCOLA 2019/2020
06.09.19
Os horarios no vindeiro curso 2019-2020 na Tradescola:
*Consulta no tlf. 982229966 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo a clase que che corresponde según o teu nivel (iniciación ou avanzado) :)
Gaita:
luns de 16.00 a 19.00 horas
Martes : de 18.00 a 19.00
Mércores: de 16.00 a 22.00
Xoves: de 11.00 a 13.00 e de 15.00 a 18.00
Requinta:
Xoves de 18.00 a 19.00
Zanfona:
Xoves de 17.00 a 22.00
Baile tradicional (adultos)
martes de 19.00 a 22.00 horas
Percusión:
Martes de 19.00 a 21.00 horas, mércores de 16.00 a 22.00 e xoves de 12.00 a 13.00 e de 16.00 a 17.00
Linguaxe musical (adultos)
Luns de 20.00 a 22.00 e martes de 20.00 a 22.00
Canto tradicional:
Luns de 17.00 a 21.00
Martes de 17.00 a 20.00 horas
e xoves de 18.30 a 21.30
Pandeira
Martes de 20.00 a 21.00 horas
Acordeón
Luns de 19.00 a 21.00 horas, martes de 18.00 a 19.00 horas e mércores de 17.00 a 22.00
Combo nen@s (iniciación a música e o baile tradicional)
Martes de 17.00 a 20.00 horas
Linguaxe musical nen@s
Luns de 16 a 20
Martes de 16.30 a 20.00
Concerto didáctico da Tradescola en Baralla
20.02.19
Concerto didáctico da Tradescola en Becerreá
20.02.19
Concurso de debuxo de Nadal TRADESCOLA
14.12.18
Concurso de debuxo de Nadal TRADESCOLA-
Asociación de Gaiteir@s Galeg@s
UN NADAL CHEO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO
O concurso rexerase polas seguintes
BASES:
1- Poderán participar as nenas e nenos alumnos da Tradescola (dende os 4 ata os 13 anos) Cada concursante poderá entregar só un debuxo que debe estar realizado á man usando ceras, lápices, rotuladores, acuarelas, ou similares.
2- Os contidos e as formas dos debuxos son libres, pero todos tratarán sobre un Nadal cheo de música e baile tradicional galego. Poderanse presentar nunha única folla de papel de tamaño A4. No dorso do debuxo farase constar o nome e apelidos d@ nen@
3- Os debuxos deberanse presentar na oficina da Tradescola ata o 19 de Decembro do 2018. Haberá 3 categorías: de 4 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 13 anos.
4- O xurado estará composto por membros do profesorado da Tradescola, que seleccionarán @s gañador@s que serán premiad@s con material didáctico de música tradicional.
5- O fallo do xurado será inapelable; o nome dos autores e autoras seleccionados farase público no corcho da TRADESCOLA.
7- A AGG poderá publicar, utilizar, expoñer e difundir a imaxe dos debuxos presentados así como o nome dos seus autores.
8- Os debuxos recibidos estarán expostos na Tradescola ata o día 15 de xaneiro de 2019
9- O feito de participar neste certame implica a plena aceptación das presentes bases.
Páxina 1 de 2